mércores, 28 de xaneiro de 2026

XOGADE: Campionato Intercentros de Bádminton

 No día de hoxe 2 equipos de Bádminton formados por alumnado de 1º e 2º da E.S.O. participaron no Campionato Intercentros de Bádminton. Máis de 10 centros participaron en dito torneo.

O alumnado disputou encontros nas seguintes categorías:

  • Individuais feminino e masculino.
  • Dobres masculino, feminino e mixto
Por outra branda, o alumnado realizou labores de arbitraxe.

Queremos felicitar ao alumnado por participar neste evento e poñer en práctica o que até agora aprendeu sobre este deporte. Consideramos que a experiencia foi moi positiva e que o desfrutou dun día cargado de saúde, diversión e emoción. 

Seguimos aportando experiencias motrices variadas e ofrecendo alternativas para adoptar un estilo de vida activo e saudable. A vindeira semana, Atletismo.

Algunhas fotos do evento:


 










xoves, 18 de decembro de 2025

FINALIZA O CAMPIONATO DE BÁDMINTON

 Coa fin desta 1ª avaliación chegaron tamén as finais do campionato de Bádminton, que levaba disputándose dende a metade do trimestre.

Foi un campionato algo complexo no organizativo, con numerosas baixas e alumnado que non se presentaba sen previo aviso. Queremos aproveitar para concienciar sobre a importancia da implicación neste aspecto e que deste xeito todos e todas desfrutemos ao máximo dos recreos activos e polo tanto, dos campionatos deportivos. Tamén queremos destacar negativamente danos ocasianados en raquetas do centro, o que dificultan seguir mantendo o préstamo das mesmas.

Dito isto, aproveitamos os recreos para desfrutar dun xeito activo, saudable e cunha competición sana, pois o alumnado amosou un comportamento exemplar e sen conflitos a pesar da auto-arbitraxe. Queremos agradecervos esta competitividade tan positiva e agardamos que dure no resto de campionatos.

O alumnado destacado foi:

Categoría 1º e 2º da ESO:

  1. Sergio (2º ESO)
  2. Pablo (1º ESO)
  3. Eloy (1º ESO)
  4. Lois M. (2º ESO)

Categoría +3º da ESO:

  1. Antón (1º BAC)
  2. Richard (1º BAC)
  3. Ricardo (4º ESO)
  4. Judá (4º ESO)
Agora toca descansar e desconectar para voltar na 2ª avaliación con máis recreos activos. 

Por outra banda, parte do alumnado de 2º da ESO podrá disputar o encontro provincial de Bádminton que organiza o plan XOGADE.

Algunhas fotos dos finalistas:










martes, 18 de novembro de 2025

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

 Fantástica participación do noso alumnado no campionato comarcal de campo a través que se celebrou na complexo deportiva municipal "O Xestal" e foi organizado pola agrupación deportiva escolar O Ribeiro a través do progama XOGADE.

Foron máis de 90 alumnos e alumnas do I.E.S. O Ribeiro os que puxeron a proba a súa resistencia nesta xornada deportiva e á vez desfrutaron dun día cargado de diversión, convivio e saúde. 

Se ben o importante era desfrutar dunha mañá de exercicio físico e saúde, a continuación imos citar ao alumnado do noso centro que destacou en cada categoría:

Categoría Cadete Feminina:

  • Xiana Álvarez (1º posto)
  • Emma Villanueva (2º posto)
  • Alexandra Sande (3º posto)

Categoría Cadete Masculina:

  • Yahya El Mansouri (1º posto)
  • Álvaro Rodríguez (2º posto)
  • Cristian Bernárdez (3º posto)

Categoría Infantil Feminina:

  • Sara Bernárdez (2º posto)
  • Noelia Fernández. (3º posto)

Categoría Infantil Masculina:

  • Gabriel Fernández (1º posto)

En breve, cando teñamos os resultados oficiais por parte da organización, indicaremos quen pode participar na fase provincial que tamén se celebrará en Ribadavia!.

Unhas fotiños:


































XOGADE: Campionato Intercentros de Bádminton

 No día de hoxe 2 equipos de Bádminton formados por alumnado de 1º e 2º da E.S.O. participaron no Campionato Intercentros de Bádminton. Mái...