Coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Educación Física, o equipo directivo e a ANPA desenvolvéronse as seguintes actividades:
- Actuación do grupo de pandeireta do centro, A Fuscalla.
- Pinchada de música en galego.
- Reparto de bolos preñados, castañas e chocolate.
- Xogos tradicionais e populares.
No marco do Proxecto de vida activa e deportiva desenvolvéronse os xogos tradicionais e populares nos que o alumnado de 4º da E.S.O. dirixidos polo profesor de Educación Física Bruno, animaron, organizaron e desenvolveron os seguintes xogos:
- Billarda.
- Chave.
- Xogos de bolos.
- Tiro de corda.
- Carreira de sacos.
- Carreira "Os tres pés".
- Habilidade con zancos.
- "Mariola" ou "truco".
Alumnado e profesorado desfrutaron desta fantástica xornada con diversión e convivencia. Agora toca a seguir vivindo outros magostos durante a fin de semana.
Algunhas fotos da actividade:



























Ningún comentario:
Publicar un comentario