Finalizamos o curso e tamén o Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD).
Foi un curso cunha gran cantidade de actividades nas que intentamos incrementar o tempo de práctica de actividade física e, deste xeito, axudar a cumprir as recomendacións da Organización Mundial da Saúde para mozos e mozas, 1 hora diaria.
Outro dos obxectivos foi crear adherencia á práctica de exercicio físico a través dunha oferta variada e lúdica de actividades, para que o alumnado poda experimentar diferentes opcións e deste xeito atopar o seu lugar.
Dende os departamentos participantes estamos moi contentos coa acollida deste curso e seguiremos traballando para seguir ofrecendo cantidade, calidade e variedade de actividades.
Aquí queda un resumo das actividades realizadas ao longo deste curso:
- Semana Branca en Astún para 4º ESO e 1º BAC.
- Excursión ao Parque de aventura Pena Park con 3º ESO.
- Excursión a Cotobade e Marín. Eco-parque Aventura Rías Baixas con 1º ESO.
- Recreos activos con torneos de: Bádminton, Fútbol Sala, Voleibol, Brilé...
- Organización e dirección de Xogos populares e tradicionais galegos con 1º Bacharelato no día das Letras Galegas.
- Organización e dirección de Xogos populares e tradicionais galegos con 4º da ESO no Magosto do centro.
- Festival do entroido con elaboración e representación de coreografías.
- Recreos activos no "edificio Abrente". Formación profesional.
- Organización da carreira solidaria en colaboración coa O.N.G. Save the Children.
- Experimentación de Deportes Náuticos en Castrelo de Miño con 2º da ESO.
- Campionato Inter-centros de Voleibol. XOGADE.
- Campionato Inter-centros de Bádminton. XOGADE.
- Campionato comarcal de campo a través.
- Participación en Xogando co altetismo. XOGADE.
- Realización e gardas activas no centro Abrente (Formación profesional).
- Creación e xestión dunha conta de Instagram asociada ao proxecto. #Activatenoribeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario