domingo, 28 de xuño de 2026

FIN DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 2026

Finalizamos o curso e tamén o Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD). 

Foi un curso cunha gran cantidade de actividades nas que intentamos incrementar o tempo de práctica de actividade física e, deste xeito, axudar a cumprir as recomendacións da Organización Mundial da Saúde para mozos e mozas, 1 hora diaria.

Outro dos obxectivos foi crear adherencia á práctica de exercicio físico a través dunha oferta variada e lúdica de actividades, para que o alumnado poda experimentar diferentes opcións e deste xeito atopar o seu lugar.

Dende os departamentos participantes estamos moi contentos coa acollida deste curso e seguiremos traballando para seguir ofrecendo cantidade, calidade e variedade de actividades.

Aquí queda un resumo das actividades realizadas ao longo deste curso:

  1. Semana Branca en Astún para 4º ESO e 1º BAC.
  2. Excursión ao Parque de aventura Pena Park con 3º ESO.
  3. Excursión a Cotobade e Marín. Eco-parque Aventura Rías Baixas con 1º ESO.
  4. Recreos activos con torneos de: Bádminton, Fútbol Sala, Voleibol, Brilé...
  5. Organización e dirección de Xogos populares e tradicionais galegos con 1º Bacharelato no día das Letras Galegas.
  6. Organización e dirección de Xogos populares e tradicionais galegos con 4º da ESO no Magosto do centro.
  7. Festival do entroido con elaboración e representación de coreografías.
  8. Recreos activos no "edificio Abrente". Formación profesional.
  9. Organización da carreira solidaria en colaboración coa O.N.G. Save the Children.
  10. Experimentación de Deportes Náuticos en Castrelo de Miño con 2º da ESO.
  11. Campionato Inter-centros de Voleibol. XOGADE.
  12. Campionato Inter-centros de Bádminton. XOGADE.
  13. Campionato comarcal de campo a través.
  14. Participación en Xogando co altetismo. XOGADE.
  15. Realización e gardas activas no centro Abrente (Formación profesional).
  16. Creación e xestión dunha conta de Instagram asociada ao proxecto. #Activatenoribeiro.


xoves, 18 de xuño de 2026

CAMPIONATO FÚTBOL SALA

 Rematou o curso e con el o campionato de fútbol sala dos recreos activos. 

Queremos destacar o bo comportamento nas categorías de +3º ESO e feminina e agardamos que o alumnado da categoría de 1º-2º ESO amose un comportamento máis respectuoso coas normas e co resto de participantes no vindeiro curso. Temos moito que mellorar e seguro que o faremos.

Dito isto, destacar os emocionantes encontros que se viviron, especialmente nas finais e a continuación indicamos os equipos destacados do torneo:

Categoría 1º/2º ESO:

  • 1º Posto: 2º ESO C
  • 2º Posto: 2º ESO D

Categoría Feminina:

  • 1º Posto: 4º ESO C
  • 2º Posto: 1º BAC

Categoría +3º ESO:

  • 1º Posto: 1º BAC A
  • 2º Posto: 1º BAC B
Algunhas fotiños:

2º ESO C.  Campións.

2º ESO D.  Subcampións.

4º ESO C.  Campioas.

Representantes de 1º BAC.  Subcampioas.

1º BAC A. Campións.











luns, 25 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

 O pasado 18 de Maio o departamento de Educación Física colaborou co departamento de Dinamización da língua galega na conmemoración das letras galegas que este ano se adica a Begoña Caamaño.

O alumnado de 1°Bacharelato organizou e dirixiu unha escolma de xogos tradicionais e populares galegos ao mesmo tempo que se celebraron outras actividades como teatro, baile galego e obradoiro de escritura de cartas.

Os xogos que se dirixiron foron as Billarda, Bolos en liña, Chave, Carreiras de sacos, de tres pés e de Zancos, turra-soga, salto á comba e Mariola.

Moi bo traballo do noso alumnado que puxeron o seu gran de area para que toda a comunidades desfrutase e se divertise desta xornada.

Algunhas fotos:


















luns, 11 de maio de 2026

FIN DO CAMPIONATO DE VOLEIBOL

 Chegou a fin o campionato de Voleibol que se levou a cabo durante os recreos desta 3ª avaliación.

Foi un campionato apaixoante con máis de 6 equipos por categoría e os resultados foron:

  • Finalistas 1º/2º ESO: Panchitos vs Tristeza
  • Finalistas +3º ESO: Cervevolley vs 1º Bac B
O departamento de E.Física está moi satisfeito co nivel amosado e coa alta participación tanto feminina como masculina e confiamos en que o ano que ven será outro dos campionatos máis exitosos.

Algunhas fotiños:


Campións 1º-2º ESO

Campións +3º ESO

Finalistas 1º-2º ESO

Finalistas +3º ESO

3º posto en categoría 1º-2º ESO










mércores, 29 de abril de 2026

VISITA A CASTRELO DE MIÑO

 O alumnado de 2°E.S.O. desfrutou dunha divertida xornada no fantástico entorno de Castrelo de Miño. Aquí puidemos coñecer o funcionamento do Club de Piragüismo e experimentar os barcos dragón.

Como non puido ser doutro xeito, a pesar do tempo, o día rematou cun baño!

Seguimos a aportar experiencias variadas e divertidas co obxectivo de establecer hábitos de lecer activos e saudables.

Animamos a todos e todas a desfrutar deste deporte nun entorno privilexiado!

Algunhas fotos:








FIN DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 2026

Finalizamos o curso e tamén o Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD).  Foi un curso cunha gran cantidade de actividades nas que intentam...