venres, 27 de marzo de 2026

I CARREIRA SOLIDARIA NO I.E.S. O RIBEIRO

 No derradeiro día desta 2ª avaliación organizouse, en colaboración coa O.N.G. Save The Children, a 1ª Carreira solidaria. Alumnado e profesorado do edificio Ribeiro e do edificio Abrente participaron neste evento cun percorrido por dentro do recinto.

Foi un acto no que a competitividade quedou nun segundo plano en favor da solidaridade amosada pola nosa comunidade educativa e tamén pola enerxía positiva que contaxiou a participantes e organización. 

Entre alumnado e profesorado acadamos uns 125 participantes aproximadamente e conseguimos recaudar 777,5€ . Serán doados á O.N.G. para a súa labor, que este ano busca paliar a desnutrición infantil.

Igualmente, para as persoas que se quixeron poñer a proba, rexistramos as primeiras persoas en cruzar a liña de meta:

  • Quenda 1 (1º ESO): Sara B. e Gabriel.
  • Quenda 2 (2º ESO): Xiana e Álvaro.
  • Quenda 3 (3º, 4º, 1º BAC e FP): Uxía A. e Daniel M.
Agardamos que esta actividade se consolide para os vindeiros cursos e queremos dar as grazas a tódalas persoas que participaron dalgún xeito.

Desexámosvos unhas felices e saudables vacacións.

INFO O.N.G.:
Algunhas fotos do evento:

Saída da quenda 1

Saída da quenda 3

Profesorado do Abrente participando en masa!

Saída da quenda 2

Saída da quenda 1

Chegada de Gabri, 1º da quenda 1. Seguido de Tristán.

Chegada de Álvaro, 1º da quenda 2

Chegada de Xiana, 1ª da quenda 2

Chegada de Marcos e Bea

Recollida de trofeos da quenda 1: Sara.

Recollida de trofeos da quenda 1: Gabri.

Recollida de trofeos da quenda 2: Xiana.

Recollida de trofeos da quenda 2: Álvaro.

Recollida de trofeos da quenda 3: Uxía.

Recollida de trofeos da quenda 3: Dani.

Recollida de trofeos da F.P.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

FIN DO CAMPIONATO DE VOLEIBOL

 Chegou a fin o campionato de Voleibol que se levou a cabo durante os recreos desta 3ª avaliación. Foi un campionato apaixoante con máis de...