xoves, 26 de marzo de 2026

XOGADE: Campionato inter-centros de Voleibol

 O noso alumnado de 3º da ESO desprazouse a Ourense para participar no campionato inter-centros de Voleibol organizado no marco do plan XOGADE e nas instalacións do I.E.S. Otero Pedrayo.

16 alumnos e alumnas, repartidos en 4 equipos de 4 mixtos compartiron cancha con clubs de toda a provincia como o Blanco Amor, Allariz, Chamoso Lamas, Cidade de antioquía, Viana do bolo... e con eles desfrutaron desta modalidade a cal, para algúns e algunhas, era unha novidade.

Seguimos aportando experiencias motrices variadas e divertidas para que o noso alumnado atope o seu sitio e se sume a un estilo de vida activo e saudable.

Algunhas fotiños:














Ningún comentario:

Publicar un comentario

FIN DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 2026

Finalizamos o curso e tamén o Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD).  Foi un curso cunha gran cantidade de actividades nas que intentam...