martes, 18 de novembro de 2025

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

 Fantástica participación do noso alumnado no campionato comarcal de campo a través que se celebrou na complexo deportiva municipal "O Xestal" e foi organizado pola agrupación deportiva escolar O Ribeiro a través do progama XOGADE.

Foron máis de 90 alumnos e alumnas do I.E.S. O Ribeiro os que puxeron a proba a súa resistencia nesta xornada deportiva e á vez desfrutaron dun día cargado de diversión, convivio e saúde. 

Se ben o importante era desfrutar dunha mañá de exercicio físico e saúde, a continuación imos citar ao alumnado do noso centro que destacou en cada categoría:

Categoría Cadete Feminina:

  • Xiana Álvarez (1º posto)
  • Emma Villanueva (2º posto)
  • Alexandra Sande (3º posto)

Categoría Cadete Masculina:

  • Yahya El Mansouri (1º posto)
  • Álvaro Rodríguez (2º posto)
  • Cristian Bernárdez (3º posto)

Categoría Infantil Feminina:

  • Sara Bernárdez (2º posto)
  • Noelia Fernández. (3º posto)

Categoría Infantil Masculina:

  • Gabriel Fernández (1º posto)

En breve, cando teñamos os resultados oficiais por parte da organización, indicaremos quen pode participar na fase provincial que tamén se celebrará en Ribadavia!.

Unhas fotiños:


































venres, 7 de novembro de 2025

MAGOSTO NO I.E.S. O Ribeiro

Pechamos a semana celebrando o Magosto do centro, unha xornada divertida e cargada de actividades, música e por suposto castañas.

Coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Educación Física, o equipo directivo e a ANPA desenvolvéronse as seguintes actividades:
  • Actuación do grupo de pandeireta do centro, A Fuscalla.
  • Pinchada de música en galego.
  • Reparto de bolos preñados, castañas e chocolate.
  • Xogos tradicionais e populares.
No marco do Proxecto de vida activa e deportiva desenvolvéronse os xogos tradicionais e populares nos que o alumnado de 4º da E.S.O. dirixidos polo profesor de Educación Física Bruno, animaron, organizaron e desenvolveron os seguintes xogos:
  1. Billarda.
  2. Chave.
  3. Xogos de bolos.
  4. Tiro de corda.
  5. Carreira de sacos.
  6. Carreira "Os tres pés".
  7. Habilidade con zancos.
  8. "Mariola" ou "truco".
Alumnado e profesorado desfrutaron desta fantástica xornada con diversión e convivencia. Agora toca a seguir vivindo outros magostos durante a fin de semana.

Algunhas fotos da actividade:
































XOGADE: Campionato Intercentros de Bádminton

 No día de hoxe 2 equipos de Bádminton formados por alumnado de 1º e 2º da E.S.O. participaron no Campionato Intercentros de Bádminton. Mái...